Rematamos a Unidade 2 estudando a Xeosfera. Xa vimos anteriormente cun certo detalle a súa subcapa máis superficial, a Litosfera, pero agora imos, "literalmente" a profundizar cara ao centro da Terra. 1.Cal é a nosa maior fonte de información para estudar o interior da Xeosfera? Que son as descontinuidades? O método sísmico é un dos principais métodos de estudo indirecto que nos permite coñecer como é o interior terrestre. Está baseado no estudo das ondas sísmicas producidas en terremotos ou por explosións controladas. As ondas sísmicas prodúcense nun punto chamado hipocentro e desprázanse a través dos materiais que forman a Terra. Cando as ondas chegan á superficie terrestre (epicentro) propáganse en forma concéntrica. A medida que se afastan do hipocentro, as ondas sísmicas se atenúan. Analizando a velocidade e traxectoria das ondas podemos coñecer a composición química, estado físico e estrutura dos materiais que compoñen as partes internas do noso planeta. Dist