Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2022

Actividade 40: O Proceso Da Hominización

Se estades facendo a infografía ou o mapa de conceptos (depende do enfoque que empreguedes) da evolución humana é evidente as moitas especies e xéneros que constitúen o "noso árbore xenealóxico". Pero dentro desa variedade podemos observar como o proceso evolutivo seguíu unhas tendencias determinadas que, ao longo do tempo, nos foron afastando das características dos primates como, por exemplo, o andar bípedo ou o aumento do cráneo. Nesta entrada tes que ampliar cales foron ditas tendencias evolutivas. PRIMEIROS HOMÍNIDOS: Entre 4-6 millóns de anos se recoñecen en África uns fósiles que poden ser a base dos homínidos. Viven en zonas arboladas comendo follas e froitas. O bipedismo pode que surxira como adaptación para levar obxectos e para alimentarse. Nos australoitecus os brazos se acurtan, a columna e as pernas se verticalizan, a cadeira se ensancha. O cráneo crece en altura e a cara se reduce. XÉNERO HOMO: A creación de instrumentos provoca o surximento de especies difer

Actividade 38-39: A Evolución Humana

No seguinte enlace tedes un vídeo sobre a evolución humana. Tamén o podedes atopar na sección recursos .  Se imos ben de tempo o veremos durante as clases. Non é para publicar no voso blog. La odisea de la especie A actividade consistirá en:    - visualizalo e anotar as diferentes especies "da nosa familia" que van aparecendo indicando cales foron os seus logros evolutivos.   - Situalos cronolóxicamente e gardar unha imaxe dos posible aspecto de cada especie.   - Está previsto facer un mapa de conceptos ou unha infografía sobre a evolución humana, polo tanto podedes aproveitar esta actividade para ilo preparando.

Actividade 37: Exemplos de Infografías

 Unha observadas cales son as características das infografías e elixido un programa ou aplicación para crealas tedes que buscar 5 exemplos de infografías con temas e aspectos diferentes sobre as cuestións científicas que tratamos neste curso: ciencia, universo, planeta Terra, vida, seres vivos, mediciña e tecnoloxía. Procurade que sexan distintas nos seus formatos. De cada unha facedes: - unha captura de pantalla. - unha breve descrición (1-2 liñas do que se explica na infografía) Logo subides as infografías ao blog e engadides a descrición. Nesta infografía fálase da ciencia e da súa evolución. Nesta infografía fálase da esclerosis múltiple, das súas principais características, o seu tratamento e os seus síntomas mais clásicas. Nesta infografía fálase da tecnoloxía, para que serve e a súa evolución. Nesta infografía fálase do sistema solar, sobre que é, os principais científicos e os planetas que o conforman. Nesta infografía móstrase a clasificacion dos seres vivos dende os máis

Actividade 36: Extincións

Desgraciadamente non temos nin idea da maioría das especies que, nalgún momento, habitaron terras e océanos. Por non saber nin sequera coñecemos cantas especies hai na actualidade.  Que é o que condiciona as posibles especies que hai nun planeta? Pois fundamentalmente tres causas: os "recursos" necesarios para a vida; o proceso de evolución , que determina que só as especies mellor adaptadas ao medio poden sobrevivir; e finalmente outros factores que fan que, periodicamente, a Terra pase por épocas de grandes extincións. - Das distintas extincións que se produciron na historia da Terra indica: cando sucedeu cada unha, a que foi debida, 1 ou 2 exemplos de especies que desaparecerón e, se atopas, que porcentaxe de especies se extinguiron.   0 – 2.400-2.000 millóns de anos: A Gran  Oxidación :Aínda que non adoita incluírse dentro das cinco grandes extincións, sen dúbida foi o primeiro gran golpe de temón á evolución biolóxica: entre 2.400 e 2.050 millóns de an

Actividade 35: A Evolución

Entender como funciona a evolución en detalle é moi complexo e estamos lonxe da súa comprensión, pero os mecanismos basicos que a rixen parecen claros. Imos a comprobalo ... 1 - Tes que buscar unha infografía que explique como funciona a evolución, procura que a explique dun xeito claro e sinxelo. Fai unha captura e súbela ao teu blog. 2 - Indica as principais etapas do proceso evolutivo debaixo da infográfia. Como orientación te indicaré algunhas delas: variabilidade xenética, loita pola supervivencia, selección natural ...