Na unidades 2 imos a estudar a Terra en profundidade. Un dos máis destacados científicos neste campo foi Alfred Wegener quen contribuiu de xeito salientable a coñecer a dinámica do que moito máis tarde se chamarían placas. 1. Que descubriu Wegener? O meteorólogo alemán foi o primeiro en reunir datos procedentes de diferentes disciplinas científicas para argumentar unha teoría de deriva continental, por entón moi controvertida. 2. Que probas aportou para xustificar a súa teoría? Probas xeográficas: Wegener observou que os continentes, como África e Sudamérica, poderían estar unidos no pasado, xa que as formas das súas costas parecen encaixar. Se os continentes formaron parte de Pangea, é lóxico que encaixen os seus fragmentos. A coincidencia é maior se en lugar das costas, tratamos de facer coincidir as plataformas continentais. Probas xeolóxicas: Wegener observou que algunhas formacións xeolóxicas continuaban a ambos os dous lados do Atlántico. Tiñan a mesma idade e tipos de ro