Ir al contenido principal

Actividade 16: Wegener

 Na unidades 2 imos a estudar a Terra en profundidade. Un dos máis destacados científicos neste campo foi Alfred Wegener quen contribuiu de xeito salientable a coñecer a dinámica do que moito máis tarde se chamarían placas.

1. Que descubriu Wegener? O meteorólogo alemán foi o primeiro en reunir datos procedentes de diferentes disciplinas científicas para argumentar unha teoría de deriva continental, por entón moi controvertida.

2. Que probas aportou para xustificar a súa teoría?

Probas xeográficas: Wegener observou que os continentes, como África e Sudamérica, poderían estar unidos no pasado, xa que as formas das súas costas parecen encaixar. Se os continentes formaron parte de  Pangea, é lóxico que encaixen os seus fragmentos. A coincidencia é maior se en lugar das costas, tratamos de facer coincidir as plataformas continentais.

Probas xeolóxicas:Wegener observou que algunhas formacións xeolóxicas continuaban a ambos os dous lados do Atlántico. Tiñan a mesma idade e tipos de rocas, polo que cría que estarían unidas. Por exemplo, a existencia de diamantes en Brasil e Sudáfrica.

Probas paleontolóxicas: Wegener descubriu que, en continentes que actualmente se atopan separados, atopábanse fósiles das mesmas especies. Mesmo algúns deles eran terrestres como réptiles e plantas, polo que non era posible que puidesen cruzar o océano. Esta é outra proba máis de que os continentes estiveron unidos en  Panxea fai millóns de anos.

Probas  paleoclimáticas: Wegener utilizou algunhas utilizou algunhas rocas  sedimentarias como indicadores dos climas nos que se orixinan, como  tillitas en clima  glacial, xeso e  halita en clima árido, ou carbón en clima tropical. Debuxou un mapa cos climas antigos e observou que non se poderían dar nos continentes nas posicións actuais.

Probas  geomagnéticas: Cando cristaliza un mineral magnético, queda orientado sinalando o polo norte, igual que o fai a agulla dun compás. Os minerais magnéticos que compoñen rocas da mesma idade, deberían sinalar o polo norte pero indican direccións distintas, polo que parece evidente que se desprazaron. Se trasladamos os continentes á súa posición orixinal, estes minerais apuntarían cara a un único polo.

3. Como morreu Wegener?

Alfred  Wegener morreu durante a súa cuarta viaxe a  Groenlandia, sen saber que a súa teoría ía revolucionar para sempre a compresión da Terra. Un día despois de cumprir 50 anos, sorprendeulle un ataque ao corazón mentres transportaba víveres para os seus colegas nunha  dificilísima misión entre os dous campamentos en que quedara dividida a súa expedición.






Comentarios

Entradas populares de este blog

Actividade 35: A Evolución

Entender como funciona a evolución en detalle é moi complexo e estamos lonxe da súa comprensión, pero os mecanismos basicos que a rixen parecen claros. Imos a comprobalo ... 1 - Tes que buscar unha infografía que explique como funciona a evolución, procura que a explique dun xeito claro e sinxelo. Fai unha captura e súbela ao teu blog. 2 - Indica as principais etapas do proceso evolutivo debaixo da infográfia. Como orientación te indicaré algunhas delas: variabilidade xenética, loita pola supervivencia, selección natural ...

Actividade 60: Novas Tecnoloxías E Materiais (Segunda Parte)

Continuamos a actividade anterior investigando 10 tecnoloxías cun gran futuro facendo unha breve descrición (mínimo 3 liñas) de cada unha:   N anorobots:  é un robot que permite interaccións precisas con obxectos de tamaño  nanométrico, ou pode manipular con resolución  nanométrica. Tales dispositivos están máis relacionados coa  microscopía ou con microscopio de sonda de varrido, en vez describir aos  nanorobots como unha máquina molecular. Internet das cousas:  O Internet das cousas describe obxectos físicos —ou grupos de estes— con sensores, capacidade de procesamento, software e outras tecnoloxías que se conectan e intercambian datos con outros dispositivos e sistemas a través de internet ou outras redes de comunicación. Tecnoloxía LED:  As siglas LED significan 'Lixeiro  emitting  diode' . Un  diodo é un compoñente eléctrico con dous eléctrodos, que só permite que a electricidade pase libremente nunha dirección. A través dos mo...

Actividade 41: Dúas Maravillas

Para rematar o segundo bloque da materia quero escoller un artigo científico  cun enfoque moi especial e que enlaza o Universo e a Vida. Ide ao seguinte enlace, lede e facede un comentario sobre o mesmo e, se queredes, a vosa opinión. Tedes un Universo no voso cerebro? Esta noticia fala sobre a relación que hay entre o cerebro é o universo. Di que a priori poden parecer dous conceptos pouco ou nada parecidos: con todo un novo estudo realizado por un  astrofísico da Universidade de Bolonia e un neurocirurxián da Universidade de  Verona, afirma que comparten moito máis do que pensamos, como un número parecido de neuronas e galaxias ou a distribución e morfoloxía de cada rede. Segundo explican ambos os investigadores, a diferenza máis obvia entre o cerebro e o Universo é o seu tamaño. Sen embargo, o cerebro humano funciona grazas á súa ampla rede neuronal, que contén aproximadamente 69.000 millóns de neuronas; pola súa banda, os astrónomos estiman que o Universo  observ...