Ir al contenido principal

Actividade 12: O Universo 2

Planeta Anano: Planeta do sistema solar que ten gravidade, aínda que moi pouca masa, e que non deixou a súa órbita completamente libre doutros corpos menores.

Satélite: Todo corpo, artificial ou natural, que vira ao redor doutro maior, atrapado pola súa atracción  gravitatoria.

Asteroide: Os asteroides son corpos menores do Sistema Solar, maioritariamente compostos de  silicatos e metais.

Cometa: Os cometas,son corpos menores, compostos de xeo e  silicatos. Trátase basicamente de grandes «bólas de xeo sucio». As súas órbitas, normalmente moi alongadas, lévanos a pasar a maior parte do tempo moi afastados do Sol, en rexións frías do Sistema Solar. Pero cando se achegan ao astro rei, quéntanse e o xeo (principalmente de auga) se  sublima, é dicir, pasa de estado sólido a  gaseoso. Este gas, que escapa do núcleo sólido do cometa, arrastra consigo partículas de po e forma unhas extensas nubes ao redor do cometa chamadas cabeleira (ou coma). Os materiais que forman a cabeleira son arrastrados en sentido oposto ao Sol polo vento Solar e dan lugar ás colas  cometarias

Meteorito: Denomínase así a toda partícula extraterrestre, ou  meteoroide, que penetra na atmosfera terrestre e logra sobrevivir á fricción e chegar ata o chan. A ese fragmento de roca proveniente do espazo chamarémolo meteorito.

Órbita: Traxectoria que describe un corpo ao redor doutro, baixo o influxo da forza  gravitatoria. As órbitas poden ser circulares, elípticas,  parabólicas ou  hiperbólicas. No caso dos sistemas planetarios, como o Sistema Solar, os planetas viran en órbitas elípticas ao redor da estrela central, que no noso caso é o Sol.

 

 

 

Comentarios

Entradas populares de este blog

Atividade 53: A Información Xénetica

Iniciamos con esta entrada unha nova unidade do curso: Os xenes, a información xenética e a biotecnoloxía. Neste caso cambiaremos a metodoloxía. Ide a páxina TEXTOS do blog da materia, buscade o texto A INFORMACIÓN XENÉTICA. Veredes que, en realidade son catro textos. Empezade polo primeiro: Reprodución asexual e sexual. Hai que leelo e contestar no voso blog como unha entrada. Repetiredes o procedemento anterior cos outros tres textos creando sendas entradas.   Contesta: 1- Que quere dicir cas cadeas de ADN condénsanse? cal é o resultado? A condensación leva a cabo cando a célula está a piques de dividirse. Cando a  cromatina condénsase, pódese observar que o ADN eucarionte non é só unha cadea longa, senón que ademais está dividido en pedazos lineais chamados cromosomas. O resultado son os cromosomas. 2- Por que os cromosomas teñen aspecto de X? Son as X sempre iguais?   Nas divisións celulares ( mitosis e  meiosis) o cromosoma presenta a súa forma máis coñecida, co...

Actividade 26: A Xeosfera

Rematamos a Unidade 2 estudando a Xeosfera. Xa vimos anteriormente cun certo detalle a súa subcapa máis superficial, a Litosfera, pero agora imos, "literalmente" a profundizar cara ao centro da Terra. 1.Cal é a nosa maior fonte de información para estudar o interior da Xeosfera? Que son as descontinuidades? O método  sísmico é un dos principais métodos de estudo indirecto que nos permite coñecer como é o interior terrestre. Está baseado no estudo das ondas  sísmicas producidas en terremotos ou por explosións controladas. As ondas  sísmicas prodúcense nun punto chamado  hipocentro e desprázanse a través dos materiais que forman a Terra. Cando as ondas chegan á superficie terrestre (epicentro) propáganse en forma  concéntrica. A medida que se afastan do  hipocentro, as ondas  sísmicas se  atenúan. Analizando a velocidade e traxectoria das ondas podemos coñecer a composición química, estado físico e estrutura dos materiais que compoñen as partes i...

Actividade 52: A Información Xénetica

Iniciamos con esta entrada unha nova unidade do curso: Os xenes, a información xenética e a biotecnoloxía. Neste caso cambiaremos a metodoloxía. Ide a páxina TEXTOS do blog da materia, buscade o texto A INFORMACIÓN XENÉTICA. Veredes que, en realidade son catro textos. Empezade polo primeiro: Reprodución asexual e sexual. Hai que leelo e contestar no voso blog como unha entrada. Repetiredes o procedemento anterior cos outros tres textos creando sendas entradas. Contesta: 1- Define molécula? Que compoñentes ten unha molécula de ADN? En química, unha molécula é un grupo  eléctricamente neutro e suficientemente estable de polo menos dous átomos nunha configuración definida, unidos por ligazóns químicas fortes.​​​​​​Neste estrito sentido, as moléculas diferéncianse dos ións  poliatómicos. Compoñentes: Par de bases (Base  pairs)  Adenina ( Adenine)  Timina ( Thymine)  Guanina ( Guanine)  Citosina ( Cytosine)  Esqueleto de  fosfato de azucre ( Suga...