Ir al contenido principal

Actividade 55: As Células Nai

 Nas anteriores  entradas comentamos algúns aspectos básicos do ADN e da información xenética. En todas as células do corpo (excepto nas sexuais) e contido nos seus núcleos está a toda a información xenética dese organismo. Pero, nun organismo pluricelular hai moitos tipos de células con características propias. Como se poden formar estas células? 

Na páxina recursos está o vídeo titulado células nai (3:42) Logo de miralo facede unha entrada contestando:
- Como se chama a técnica empregada? É unha técica basada na rexeneración dos tecidos.
- Que quere dicir que "os espermatozoide e os óvulos son células especializadas"? 

- Que son os cromosomas? 
Orgánulo en forma de  filamento que se acha no interior do núcleo dunha célula  eucariota e que contén o material xenético; o número de cromosomas é constante para as células dunha mesma especie.
- E un blastocisto? 
Un  blastocisto é un embrión cultivado en laboratorio ata os días 5  ó 6 de desenvolvemento. Ten unha estrutura celular complexa formada por aproximadamente 200 células. Cando un embrión chega a desenvolverse ata  blastocisto está no grao óptimo para ser implantado no útero materno.
- Por que son tan importantes as células nai? 
 As células nai producen  glóbulos vermellos,  glóbulos brancos e plaquetas. Necesitamos todos estes tipos de células sanguíneas para manternos vivos. Para que estas células sanguíneas cumpran a súa función, necesitamos ter no sangue a cantidade suficiente delas.
- Que grave problema médico poden resolver estas células?Os transplantes de células nai utilízanse para substituír as células da medula ósea que foron destruídas polo cancro ou pola quimioterapia e/ou a radiación que se usa para tratar o cancro. As persoas que poderían beneficiarse das terapias con células nai inclúen aquelas con lesións da medula  espinal, diabetes tipo 1, enfermidade de Parkinson, esclerose lateral  amiotrófica, enfermidade de Alzheimer, enfermidade cardíaca, accidente  cerebrovascular, queimaduras, cancro e  osteoartritis.











Comentarios

Entradas populares de este blog

Atividade 53: A Información Xénetica

Iniciamos con esta entrada unha nova unidade do curso: Os xenes, a información xenética e a biotecnoloxía. Neste caso cambiaremos a metodoloxía. Ide a páxina TEXTOS do blog da materia, buscade o texto A INFORMACIÓN XENÉTICA. Veredes que, en realidade son catro textos. Empezade polo primeiro: Reprodución asexual e sexual. Hai que leelo e contestar no voso blog como unha entrada. Repetiredes o procedemento anterior cos outros tres textos creando sendas entradas.   Contesta: 1- Que quere dicir cas cadeas de ADN condénsanse? cal é o resultado? A condensación leva a cabo cando a célula está a piques de dividirse. Cando a  cromatina condénsase, pódese observar que o ADN eucarionte non é só unha cadea longa, senón que ademais está dividido en pedazos lineais chamados cromosomas. O resultado son os cromosomas. 2- Por que os cromosomas teñen aspecto de X? Son as X sempre iguais?   Nas divisións celulares ( mitosis e  meiosis) o cromosoma presenta a súa forma máis coñecida, co...

Actividade 42: O Encéfalo

   Nesta entrada aprenderemos como foi evolucionando o cerebro nos vertebrados ata acadar o seu máximo desenvolvemento na especie humana. Na páxina recursos está o vídeo (6:25) Logo de miralo facede unha entrada contestando: Cal é a parte máis primitiva do noso cerebro? cal é a súa función?   O cerebro  reptiliano, localízase na parte inferior e traseira do cranio. Sería a parte máis antiga e primitiva encargada das funcións básicas e de supervivencia e dos instintos. Que parte do cerebro desenvolveuse coa aparición dos mamíferos? que nos aportou? Desenvolveuse a corteza e o sistema límbico, un  novo territorio celular que rodeou ao talo encefálico. Con el aparecedon dúas poderosas ferramentas para a supervivencia a aprendizaxe e a memoria. Así a diferenza doutras especie os mamíferos se mostraron capaces de recordarunha experiencia do passado para repeptila ou non no momento presente. O sistema  límbico do cerebro consiste nun grupo de estruturas que dirix...

Actividade 26: A Xeosfera

Rematamos a Unidade 2 estudando a Xeosfera. Xa vimos anteriormente cun certo detalle a súa subcapa máis superficial, a Litosfera, pero agora imos, "literalmente" a profundizar cara ao centro da Terra. 1.Cal é a nosa maior fonte de información para estudar o interior da Xeosfera? Que son as descontinuidades? O método  sísmico é un dos principais métodos de estudo indirecto que nos permite coñecer como é o interior terrestre. Está baseado no estudo das ondas  sísmicas producidas en terremotos ou por explosións controladas. As ondas  sísmicas prodúcense nun punto chamado  hipocentro e desprázanse a través dos materiais que forman a Terra. Cando as ondas chegan á superficie terrestre (epicentro) propáganse en forma  concéntrica. A medida que se afastan do  hipocentro, as ondas  sísmicas se  atenúan. Analizando a velocidade e traxectoria das ondas podemos coñecer a composición química, estado físico e estrutura dos materiais que compoñen as partes i...